Saturday 20 de April de 2024

Mañá abre o prazo de inscrición libre para as actividades infantís e xuvenís de verán


Mañá ás 10:00 horas abre o prazo libre de inscrición nas prazas vacantes das actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello. Ofrécense 518 prazas nas actividades de artes plásticas, campamentos, campus deportivo, danza, excursións, kaiak, minicampamentos, olería, encadernación decorada, ilustración e banda deseñada, teatro e surf.

As persoas interesadas en apuntar os seus fillos ou fillas deben realizar o trámite a través da Sede electrónica, admitíndose unha única solicitude por participante. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A admisión comunicarase por correo electrónico.

É posible obter máis información na web municipal ou presencialmente na Fábrica.

PRAZAS DISPOÑIBLES:
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=d35e5e78-419e-4fe2-a88f-c433213336ac&groupId=12702

INSCRICIÓNS: https://sede.oleiros.org/portal/sede/se_contenedor2.jsp?seccion=s_ftra_d4_v1.jsp&contenido=549&tipo=4&nivel=1400&layout=se_contenedor2.jsp&codResi=1&language=gl&codMenu=48&codMenuPN=22